Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O PP critica o 'dobre xogo' dos nacionalistas en relación ó Plan Acuícola
 
 
O PP critica o 'dobre xogo' dos nacionalistas en relación ó Plan Acuícola Imprimir Correo electrónico
Venres, 18 Abril 2008

pplaxebrava_100_180408.jpgRIBEIRA > O PP de Ribeira acusa ó BNG de facer un ‘dobre xogo’ con respecto á retirada de Laxe Brava do Plan Acuícola de Galicia.

O Partido Popular presentou unha iniciativa parlamentaria ante a Comisión de Pesca solicitando a retirada do polígono de Laxe brava, en Corrubedo, do Plan Acuícola de Galicia. Sen embargo, o voto en contra de PSOE e BNG impediu que saíse adiante a súa proposta.

Por este motivo, os populares non entenden agora que o BNG de Ribeira compareza ante os medios de comunicación calificando de ‘inaceptable’ a construción da futura planta e reiterando o seu apoio ós afectados para conquerir a súa supresión.

Incoherencia

Dende o PP consideran que esta actitude denota unha ‘total incoherencia’ que semella unha tomadura de pelo ós veciños. Por iso, solicitan ós nacionalistas que respondan ante os afectados sen intentar enganalos e que clarifiquen, dunha vez por todas, a súa postura respecto á piscifactoría proxectada en Corrubedo

A planta de Laxe Brava prevé unha reserva de terreos de 320 mil metros cadrados, cunha importante afección en toda a zona do Corgo, contemplada no PXOM como zona de protección ambiental polo seu valor medioambiental e paisaxístico.

Ademais da oposición de diferentes sectores políticos en toda a comarca, a piscifactoría de Corrubedo provocou unha gran contestación social dende que se coñeceu o proxecto e mesmo se creou unha plataforma de afectados que, mediante a presentación de alegacións e diversas medidas de presión, seguen a traballar pola retirada desta planta do Plan deseñado pola Consellería de Pesca.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg