POIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.
| O Extrugasa será séptimo tras caer en Gran Canaria |
|
|
| Luns, 21 Abril 2008 | |
|
O Extrugasa xa sabe que será séptimo ó final da temporada regular, pase o que pase na última xornada na que recibe na casa ó Perfumerías Avenida. Tiñan que agardar dous tropezos do Celta Vigourban e gañar seus dous encontros que lle restaban, e aconteceu todo o contrario, gañaron as viguesas e caeron as vilagarciáns. Bo partido o que se puido ver no Pabellón de La Paterna, igualado de principio a fin. O Extruagasa estivo por diante no marcador durante varios minutos e incluso desfrutou dunha vantaxe de nove puntos no terceiro cuarto que non soubo administrar. O Gran Canaria chegou por riba ós últimos minutos pero Kiesha Brown forzou a prórroga cun gran triple. No tempo extra repetíuse a mesma historia, pero desta volta foi María Asurmendi a que igualaba o encontro con dous tiros libres para mandar o partido á segunda prórroga. Ahí veu o desenlace no que a finlandesa Taru Tuukkanenn foi decisiva anotando dous puntos dende a liña de persoal a falta de tres segundos. A nota positiva foi a volta ó mellor nivel de dúas xogadoras clave neste equipo, Kiesha Brown, que fixo 30 puntos e Agne Ciudariene que aportou 21. A negativa, que o equipo despide a segunda volta sen ter gañado a domicilio, algo que terá que cambiar nos playoffs se queren ter opcións de pasar dos cuartos. Na Liga EBA, o Inelga colleitou a súa décima victoria nos últimos partidos ante o Lan Mobel, por 65-87. Os vilagarciáns basearon desta volta a súa victoria nun gran traballo defensivo e nun gran xogo colectivo en ataque. Os de Juan Espiñeira continúan a ter opcións, aínda que escasas de meterse na fase de ascenso; agora son quintos a dúas victorias do Pas Piélagos, que esta fin de semana picou. Destacar tamén a vic.toria do Estalecimientos Otero en Santiago ante La Salle Inmaculada por 93-100, polo que continúan segundos na xeral a falta de dúas xornadas para que remate a temporada regular. Redacción Salnés |







VILAGARCÍA > O Extrugasa caeu derrotado na súa visita ó Gran Canaria por 91-90 nun partido igualadísimo no que se disputaron dúas prórrogas. O Inelga pola súa banda voltou pola senda do triunfo tras arrollar a domicilio ó Lan Mobel.
SALNÉS>










