Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Veciños de Armenteira volven a protestar pola construcción do acceso da Autovía do Salnés
 
 
Veciños de Armenteira volven a protestar pola construcción do acceso da Autovía do Salnés
Luns, 21 Abril 2008

ponte_-_fofan_100.jpgMEIS > Unha vintena de  veciños da Armenteira, en Meis concentráronse esta tarde nunha ponte sobre ás obras da autovía do Salnés, que une a estrada Po 531 a Sanxenxo.

Se o martes da semana pasada, estes mesmos veciños se concentraban na oficina que a empresa concesionaria ten en Mosteiro, para pedir que se lles construíse este acceso ás localidades Fofán, Castiñeiras, Cobas e resto de Armenteira, hoxe reuníranse para pedir que se lles faga doutra maneira á como se está acometendo.

Estes afectados argumentan que este acceso non se está facendo conforme ó previsto no proxecto, senón que se está desviando formando unha curva e que ademais é máis estreito que o existente antes das obras. Con eles, esta tarde volveu a estar o alcalde, José Luís Pérez, quen agardaba con eles a chegada dun técnico da Unión Temporal de Empresas Puentes e COPASA; ó que quería expoñerlle a súa desconformidade con esta actuación; que se desvía do inicialmente previsto e que non satisfai as necesidades veciñais. Alcalde e veciños agardan que a empresa recúe canto antes e acometa as obras ó máis parecido ó proxecto posible.

En caso contrario, emprenderán outras medidas de mobilización esta mesma semana. Finalmente pasada a media tarde, os veciños e o alcalde foron atendidos polo técnico da empresa que, finalmente accedeu a recuar esta estrada 10 metros para atrás na saída da ponte, co que vai a ser posible que transcorran por esta estrada vehículos de grandes dimensións como autobuses.

Deste xeito, a actuación quedará finalmente similar ó proxecto inicial. Con todo, os veciños van a esperar a evolución das obras para comprobar si se realizan tal e como demandan. En caso contrario, volverán a concentrarse ante a empresa.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?