| Vilanadal Centro, 3 días de obradoiros para os cativos |
|
|
| Luns, 19 Decembro 2005 | |
|
VILANOVA > A Asociación de Comerciantes Vilanova Centro prepara para este Nadal varias actividades para os máis pequenos. Os días 23 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro a partir das 5 da tarde o pavillón será o escenario de varios obradoiros nos que participarán os cativos gratuitamente. Vilanadal Centro é a terceira campaña que organiza a Asociación de Comerciantes e na que participan, este ano, máis de 40 establecementos asociados. O obxectivo é fomentar a compra no pequeno comercio e que os veciños non acodan a outros concellos a mercar. O único que teñen que facer para participar é realizar unha compra de calquera importe nalgunha das tendas e presentar no pavillón a invitación xunto co ticket de compra. O 23, Papá Noel visitará o pavillón mentres os rapaces participan nun obradoiro de postais de Nadal, un de bonecos de Papá Noel e outro de abalorios. O 30, os cativos poderán participar nun circoludoteca con 7 monitores vestidos de paiasos en obradoiros de globoflexia, de maquillaxe e outro de realización de pelotas malabares. O día 4, os nenos recibirán a visita dun carteiro real e participarán nun obradoiro de cartas de reis e de mans xigantes e estrelas. As actividades terán lugar os 3 días de 5 a oito da tarde.
Redacción Salnés
|




