Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Vilalonga e Céltiga xóganse boa parte do seu futuro
 
 
Vilalonga e Céltiga xóganse boa parte do seu futuro Imprimir Correo electrónico
Venres, 25 Abril 2008

futbol250_250408.jpgSALNÉS > Restan catro xornadas para que remate a competición e moitos dos equipos fan contas para acadar seus respectivos compromisos... Así lle saen as contas ós equipos do Salnés.

No Vilalonga a mirada está posta na fase de ascenso que agora divisan a dous puntos. Quedan catro partidos e os de Josiño Abalde precisarían gañar practicamente todo. A boa nova é que a vindeira semana reciben ó Coruxo e poderían pasalos na xeral, a mala é que co Cerceda teñen o golaverage perdido.

Pero primeiro haberá que pensar no encontro deste domingo ás 18:00, ante o Negreira no García Calvo. Un rival que leva doce xornadas sen gañar, que está coa soga ó pescozo e que sairá a morder porque precisa os tres puntos con urxencia. Gabi, Comesaña e Avendaño serán baixas importantes por sanción.

Ó que lle viría moi ben que o Vilalonga gañase sería ó Céltiga, que loita pola permanencia. As contas dos de Manuel Núñez son ben sinxelas; se gañan dous dos catro partidos que restan, estarán con case total seguridade salvados. Manteñen catro puntos diferencia co Negreira e tres co Pontevedra B, que agora sería o cuarto en descender se finalmente cae dende Segunda B o Ourense.

Non o terá sinxelo esta semana, xa que visitan ó Coruxo, domingo ás 18:00, pero logo quedaríalle Ourense B, Ordes e Cidade de Santriago, tres equipos que xa non se xogan nada a estas alturas.

Relaxados parten esta semana Arousa e Portonovo. Os de Laxes están a planificar a temporada que ven e reciben ó Verín na Lomba coa intención de regalarlle á afección un bo partido.

O Portonovo aínda debería sumar un triunfo nos catro encontros que lle quedan para non levarse ningún susto. Boa oprotunidade terán esta fin de semana en Baltar ante o Santa Comba, rival que os precede na táboa. Ambos encontros, de Arousa e Portonovo, serán o domingo ás 17:00.

Destacar tamén os partidos de Preferente Autnómica nos que o Unión do Grove visita mañá ás 16:30 o campo do Estradense e o Ribadumia recibe na Senra o domingo ás 17:30 ó Tomiño.

Redacción Salnés

 


Advertisement