Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow CULTURA arrow David Souto faise co premio de poesía Faustino Rey Romero
 
 
David Souto faise co premio de poesía Faustino Rey Romero Imprimir Correo electrónico
Luns, 19 Decembro 2005
RIANXO > Este domingo celebrouse na parroquia rianxeira de Isorna o acto de entrega do VIII Premio de Poesía Faustino Rey Romero, que nesta ocasión recaeu no autor vilagarcián David Souto Alcalde coa obra “Naufraxios das árbores”.

Como cada ano, numerosas persoas concentráronse na Casa da República de Isorna para asistir ó acto de entrega do Premio de Poesía Faustino Rey Romero, que desta volta chegou á súa oitava edición.

En primeiro lugar celebrouse unha ofrenda floral diante do monumento dedicado a Rey Romero, que estivo amenizado por unha banda de gaitas, completándose o acto coa lectura de varios poemas do autor rianxeiro. Seguidamente, os asistentes desprazáronse ó interior do centro sociocultural, onde se celebrou o acto de entrega.

Despois, o escritor Manuel Dourado Deira realizou unha intervención na que relatou a súa relación con Faustino Rey Romero .

O gañador da edición deste ano foi David Souto Alcalde coa obra “Naufraxios das árbores”, aínda que non puido acudir en persoa a recibi-lo galardón e os 600 euros cos que estaba dotado o premio ó atoparse en Italia por unha bolsa de estudos.

O mesmo lle ocorreu o vigués Xavier Patiño Loira, que recibiu unha mención especial, sen dereito a premio, polo traballo “De infima scientia”, sendo dous amigos dos premiados os encargados de recollelos no seu nome.

Ademais, o xurado quixo manifestar o alto nivel das obras presentadas este ano e agradece-lo interese amosado por tódolos poetas concursantes, polo que os animou a participar na vindeira edición.

O xurado estivo presidido pola escritora Helena Villar Janeiro, e actuaron como vocais Avelino Abuín de Tembra, Xesús Santos e Paco de Tano. Exerceu de secretaria María del Carmen Figueira Ares.

No acto tamén actuou o grupo Aisas, patrocinado pola Deputación Provincial da Coruña.

Redacción Barbanza

 

 

 

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg