| Vilagarcía e O Grove reciben ós seus campións |
|
|
| Martes, 29 Abril 2008 | |
|
Vilagarcía recibíu como se merece ás rapazas que a pasada fin de semana proclamáronse Campionas de España de Bateis en Sestao, en categoría promesa. A alcaldesa, Dolores Vilagarcía, e os representantes dos diferentes grupos políticos brindaron un recoñecemento digno dos grandes campións. E é que estas xóvenes remeiras melloraron o resultado acadado o ano pasado, cando foron subcampionas, e esta vez impuxéronse con autoridade a embarcación vasca de Ondarroa, á que aventaxou en catro segundos, e ás de Astillero e Amegrove, foron terceiras e cuartas respectivamente, a máis de seis segundos. Onte afeccionados, familiares, remeiras e tódolos estamentos do Club de Remo Vilaxoán, rebosaban ledicia. Sería inxusto esquencerse do batel xuvenil de Mecos, tripulado por Roberto, Veloso, Folgada, Nacho e Félix coma patrón, que tamén se proclamaron campións de España na súa categoría. Os grovenses non tiveron oposición e destrozaron ós seus rivais, deixando a máis de trece segundos ó batel de Castro Urdiales, que foi segundo, e máis lonxe aínda ó de Cabo de Cruz, que completou o podio. Dous excelentes resultados que volven a poñer de manifesto a calidade do remo no Salnés e que fai unha chamada ós que mandan, para que axuden un pouquiño máis ós clubes que están a preparar esta magnífica canteira. Redacción Salnés |




VILAGARCÍA > O Club de Remo Vilaxóan ven de acada-lo titulo nacional de bateis, en categoría promesa feminina. As rapazas, novas campionas de España, foron onte recibidas polas autoridades locais no Concello de Vilagarcía.









