POIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.
| Primer asalto do combate por meterse na Eurocup |
|
|
| Mércores, 30 Abril 2008 | |
|
Son dous equipos que se coñecen ben e que este ano levaron unha traxectoria bastante similar. O Celta rematou sexto a temporada regular. O Extrugasa séptimo. Ambos caeron na rolda de cuartos de final da Copa da Raíña. Certos paralelismos. Pero nos dous antecedentes ligueiros deste ano as viguesas leváronse a victoria, semella que lle teñen collida a medida, aínda que ben é certo que no primeiro encontro non chegaran aínda nin Kiesha Brown nin Marina Kress, á postre dous pilares básicos no conxunto de Isaac Fernández. Tamén fala a favor do Celta o dato que di que nesta segunda volta non perdeu ningún partido na casa, mentres que o Extrugasa no mesmo período non foi quen de vencer coma visitante. Pero xa se sabe que as frías estadísticas están para rompelas. O que sí é certo é que calquera dos dous equipos que se leve a victoria esta noite, terá moito gañado na eliminatoria; se gañan as locais, terán dúas oportunidades para facelo e poderían sentenciar na casa. Se o fai o Extrugasa, o venres Fontecarmoa pode decidir. As claves do encontro pasarán sobr todo polo nievl defensivo, grandes armas dos dous equipos,e por ver quen é o que impón o ritmo do encontro. Ás viguesas sábese que lles beneficia un xogo máis lento e con posesión longas, que se adapte ás características dunha das suas figuras, a inmensa pívot balcánica Mujanovic. Para coñecer o desenlace estean atentos ó que aconteza no primeiro set, esta noite a partires das 21:00 no pavillón das Travesas de Vigo. Redacción Salnés |







VILAGARCÍA > Esta noite dispútase o primeiro asalto entre Celta Vigourban e Extrugasa por un posto na vindeira edición da Eurocup. As viguesas contan co factor cancha a favor aínda que todo fai indicar que será unha eliminatoria moi igualada.
SALNÉS>










