Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O BNG solicita a recuperación da fábrica de Castiñeiras como área de lecer
 
 
Publicidade canalriasbaixas.com
O BNG solicita a recuperación da fábrica de Castiñeiras como área de lecer Imprimir Correo electrónico
Venres, 02 Maio 2008

bngfabrica_100_020508.jpgRIBEIRA > O BNG de Ribeira aposta pola recuperación do solar no que se ubica a antiga fábrica de Castiñeiras co fin de darlle un uso público.

O pasado 16 de xaneiro, un enorme incendio devastou as instalacións da fábrica do Conservas Castiñeiras, que a pesar de que permanecía inactiva albergaba no seu interior diversa maquinaria e material de traballo. Agora, trancorridos xa máis de tres meses, a fábrica segue tal e como a deixou o incendio, con materiais desprendidos, o que supón un risco potencial para os veciños da zona.

A intención dos nacionalistas é que se realicen as xestións oportunas para que a finca en que se situa a factoría pase a patrimonio público co fin de convertela nun área de esparcemento para os veciños de Castiñeiras que, mesmo podería albergar un museo relaciondo co mar.

Xestións iniciadas

Pola súa banda, o goberno local informou de que xa se inciaron, incluso antes do incendio, as xestións coa demarcación de Costas para poder adquirir esta propiedade para o desfrute de tódolos veciños.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
tdtl_01_01.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

O Humor de Axis
humor.jpg
Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif