Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow A Deputación anuncia un proxecto WIMAX para toda a provincia
 
 
A Deputación anuncia un proxecto WIMAX para toda a provincia Imprimir Correo electrónico
Martes, 06 Maio 2008

dv_629_-_wimax_100.jpgPONTEVEDRA > O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse esta mañá con alcaldes e técnicos dos distintos...

... concellos da Provincia para darlles conta do Proxecto Wimax Pontevedra. Unha iniciativa ca que o ente provincial pretende instalar a banda ampla de acceso a internet sen arames en toda a provincia.

Con esta aplicación, o organismo provincial acabaría ca fenda dixital que se vive en varios concellos pontevedreses, e especialmente naquelas zonas de difícil acceso, como pode ser o rural. Entre outras melloras, a rede WIMAX, viría a posibilitar novas formas de vídeo vixilancia, a mellora da seguridade pública ou apoio a determinados servicios públicos e privados.

O orzamento necesario para implantar este plan é de 8.7 millóns de euros, dos que a Deputación pretende aportar 6,1 millóns a través de fondos FEDER, e os concellos investirían entre os 1.000 e os 45.000 euros restantes, en función do seu tamaño. Por esta razón o ente que preside Rafael Louzán solicitou estas axudas europeas para este proxecto, xunto con outros 16.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg