| A Deputación presenta as IV Xornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental |
|
|
| Martes, 06 Maio 2008 | |
|
En virtude deste acordo, o ente provincial financiará parte do I Simposio Iberoamericano e das Cuartas Xornadas Ibéricas de Horticultura ornamental. Ditas xornadas están organizadas pola estación fitopatolóxica do Areeiro; e terán lugar entre o 14 e o 18 de outubro. Estas xornadas serán un foro nacional de exposición e discusión de traballos de investigación sobre os distintos aspectos da horticultura ornamental e tamén sobre a innovación e o futuro no eido da xardinería. Agárdase que esta cita congregue a máis dun cento de persoas, entre elas alomenos 20 estranxeiras, interesadas por este sector que arestora é un dos máis rendibles economicamente e cun alto índice de exportación en Galicia. Deste xeito, acudirán a Pontevedra varios investigadores, doutores e profesores sudamericanos e portugueses, así como varios científicos españois e mesmo galegos; que aportarán datos sobre esta actividade hortícola, abrindo así fronteiras para o intercambio de información con estoutros países do outro lado do atlántico. Redacción Salnés |



PONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra asinou esta mañá un convenio de Colaboración ca Fundación Juana de Vega.
