Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Nicola e Carlos Suárez, estrelas convidadas á Basket Camp
 
 
Nicola e Carlos Suárez, estrelas convidadas á Basket Camp Imprimir Correo electrónico
Mércores, 07 Maio 2008

baloncesto250_070508.jpgVILAGARCÍA > A organización da Vilagarcía Basket Camp ven de confirmala presencia dos primeiros xogadores estrelas que acudirán á cita este verán. Serán Marcelo Nicola, ex de Tau e Barça, e o xogador do MMT Estudiantes Carlos Suárez.

Marcelo Nicola será a gran estrela que este ano visite a Vilagarcía Basket Camp. O aleiro arxentino de 37 anos, actualmente enrolado á Benetton de Treviso coma técnico axudante, é un gran coñecedor do baloncesto español, posto que xogou sete anos en Vitoria co Taugrés e unha temporada co Barcelona.

O outro xogador confirmado é o aleiro do Estudiantes Carlos Suárez, que depois da súa visita do ano pasado, repite participación. Falta por confirmar a presencia dun tercer convidado que se dará a coñecer nos próximos días.

Entre as grandes novidades desta edición da Basket Camp, a quinta xa, é que se celebrará en dúas fases ou turnos diferentes. Debido a gran demanda de inscripcións que ano a ano vai en aumento, dende a organización víronse na obriga de ampliar a dúas semanas de convivencia a súa oferta. Marcelo Nicola estará cos rapaces a primeira semana, que será do 29 de xuño ó 6 de xullo.

A segunda semana, do 6 ó 12 de xullo, os participantes recibirán ademais das clases de baloncesto, outras de inglés, para coñece-lo vocabulario baloncestístico. Unha iniciativa que xurdiu do convenio entre organización e universidade de Vigo. O ritmo de inscripcións está sendo altísimo.

Para a primeira semana tan só quedan 12 prazas libres mentres que para a segunda xa se ocuparon o 30% delas.

Toa Paterna, adestraror do Canasta Xerez e que estivo enrolado durante dezasete anos ó Unicaja Málaga, será o director técnico. Axudaralle nesa labor o adestrador do Inelga Juan Espiñeira.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com