Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow Comezan en Pontevedra as V xornadas de urbanismo da deputación provincial
 
 
Comezan en Pontevedra as V xornadas de urbanismo da deputación provincial Imprimir Correo electrónico
Mércores, 07 Maio 2008

dv_763_-_dep_urban_100.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá inauguráronse en Pontevedra as quintas xornadas de urbanismo que organiza da Deputación Provincial.

No acto de presentación, o presidente do ente provincial, Rafael Louzán, quixo resumir os obxectivos principais desta nova edición. Asemade, Louzán quixo dar paso a esta serie de conferencias e mesas redondas poñendo sobre a mesa tres temas sobre os que reflexionar. En primeiro termo pediu que Xunta de Galicia proporcionase información clara e sistemática a seguir para todos os documentos urbanísticos nos concellos galegos. Demandou tamén que se cumpran os prazos establecidos para a administración autonómica e que as deputacións galegas teñan participación activa nos estudios e estamentos asesores de urbanismo e ordenación do territorio.

O primeiro en intervir como poñente foi o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, quen avogou por un cambio na cultura urbanística posto que os mecanismos que se viñan usando ate o de agora estaban obsoletos para os tempos que corren.

Estas charlas e mesas redondas continuaron o longo de toda a xornada e farano tamén mañá; con poñentes da talla de Juan Carlos Aladro Fernández, Fiscal xefe da Fiscalía da Audiencia provincial de Pontevedra, Xosé Manuel Rosales Noves, arquitecto e profesor de Arquitectura ou o aboado JAvier García Martínez. Todos eles abordarán o urbanismo desde a súa propia experiencia profesional e propoñerán novas formas de abordar esta cuestión.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg