Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Rasoeiro non puido levarse a Copa ante o potente SAR
 
 
O Rasoeiro non puido levarse a Copa ante o potente SAR Imprimir Correo electrónico
Luns, 12 Maio 2008

balonman250_120508.jpgPONTEVEDRA > O Rasoeiro non puido levarse a final de Copa Federación e caeu por oito goles de diferencia co Peguform de Redondela (35-27). De tódolos xeitos, esta derrota non empaña a magnífica temporada levada a cabo polos grovenses.

Buscábase da-la sorpresa pero non pudio ser. La SAR Peguform foi demasiado rival para o Rasoeiro; os de Redondela demostraron o por qué do seu ascenso nesta temporada na que contaron tódolos seus partidos por victorias agás nun deles.

Pese a todo os grovenses celebraron este subcampionato de Copa como se dun título se tratara, xa que a temporada que fixeron non é para menos.

No partido, o Rasoeiro comezou moi centrado sabendo que era o que tiña que facer para poñer en apuros ó seu rival; ademais, contaron coa inestimable axuda do seu público que volcouse co equipo nesta tan especial ocasión.

Por iso nos primeiros minutos os de Lao Santos foron quen de poñerse dous goles por enriba no electrónico.

Tralo sesteo inicial, o Peguform foi collendo o ritmo a un partido que durante toda a primeira metade mantívose igualado e con pequenas rentas para un e outro equipo. Así chegouse con 15-15 antes do paso polos vestiarios.

Trala reanudación os redondelanos tiraron de galóns e cunha defensa asfixiante apoiados pola gran actuación do seu gardamallas rompeu o encontro cun parcial de 6-1 nos primeiros minutos que desmoralizou ós de Lao Santos.

De ahí ata o final foi un quero e non podo dos grovenses que chegaron a perder por dez goles de diferencia para caer finalmente por 35-27.

Máis que digna actuación do Rasoeiro nesta final de Copa e en xeral en toda a temporada, calificada xa por todos, como a mellor da súa historia.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com