Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Óscar Pereiro asina un convenio de colaboración coa Deputación
 
 
Óscar Pereiro asina un convenio de colaboración coa Deputación Imprimir Correo electrónico
Martes, 13 Maio 2008

pereiro250_130508.jpgPONTEVEDRA > O Presidente da Deputación, Rafael Louzán e o ciclista Óscar Pereiro, asinaron onte un convenio de colaboración a través do cal a administración provincial e Turismo Rías Baixas patrocinarán a páxina web oficial e a Escola de Ciclismo de Óscar Pereiro. O obxectivo desta escola é achegar o deporte da bicicleta á máis de 10.000 rapaces na provincia.

A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro xa está en marcha, agora co patrocinio da Deputación e do organismo autónomo Turismo Rías Baixas.

Esta é sen dúbida unha iniciativa pioneira en Galicia, totalmente gratuíta para nenos de primaria das escolas da provincia de Pontevedra. A día de hoxe esta escola traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós 10.000 de cara ó mes de decembro.

A propia escola é a encargada de facilitar o material necesario como son as bicicletas, os cascos, e o monitor que se encargará da seguridade dos nenos. Tamén se distribuirán uns maillots deseñados polo propio Óscar Pereiro. Ambas partes, tanto Rafael Louzán coma o propio ciclista amosáronse moi satisfeitos por este acordo acadado que permitirá achegar ós nenos o deporte da bicicleta. Unha mostra máis de que o deporte de elite non está reñido co compromiso social. 

Tamén asinaron un convenio de patrocinio para a páxina web oficial de Óscar Pereiro. O site leva funcionando preto dun ano e xa recibíu máis de 300.000 visitas, unhas 1.200 diarias, realizadas dende 62 países diferentes.

Redacción Salnés

 


Advertisement