POIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.
| O Inelga remata a temporada cunha contundente victoria |
|
|
| Mércores, 14 Maio 2008 | |
|
A despedida do Inelga ante a súa afección foi a agardada e a desexada por todos. Enfronte estaba un dos galos da categoría, o segundo clasificado Santurtzi, que sucumbiu por 16 puntos de diferencia. Non foi tanta a sorpresa se é que se miran ós números dos vilagarciáns nesta segunda volta. Gañaron 14 dos 16 partidos que disputaron cunha suficiencia extraordinaria, a maioría deles por unha diferencia maior ós dez puntos. Só caeron no primiero partido, xusto antes de comeza-la reacción, e ante o intratable líder Domo Oviedo. O mal inicio de temporada impediulles por tanto meterse na fase de ascenso, da que se quedaron ás portas, xa que finalemnte foron cuartos a unha victoria do terceiro clasificado. No derradeiro partido de liga ante o Santurtzi, os de Espiñeira saíron moi centrados e acadaron vantaxes nos minutos iniciais que serían practicamente defenitivas. 26-11 chegaron ó final do primeiro cuarto, apoiados nun gran xogo colectivo en ataque e defensa. Os vascos intentaron remontar pero nunca estiveron en disposición de quitarlle-la victoria ós locais; ó final, 78-62. Por outra banda a directiva do Extrugasa prosigue a traballar na confección do plantel do vindeiro ano. Nas última horas falouse da dificultade de renovación das dúas estandartes deste equipo, Kiesha Brown e Agne Ciudariene, que debido as súas grandes pretensións económicas poderían non continuar en Vilagarcía a próxima temporada. Ademais, os cambadeses do Establecimientos Otero preparan xa o seu salto a Liga EBA, que hanse de xogar esta fin de semana na fase de ascenso que terá lugar en Ourense. Redacción Salnés |







VILAGARCÍA > O Inelga pechou a temporada esta fin de semana do mellor xeito posible, cunha victoria ante a súa afección. Os vilagarciáns comezarán xa a prepara-la vindeira temporada.
SALNÉS>










