Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow As mostras de recordo sucédense no paso de peóns da Avenida da Marina
 
 
As mostras de recordo sucédense no paso de peóns da Avenida da Marina Imprimir Correo electrónico
Mércores, 14 Maio 2008

paso_peons_avenida_marina_100.jpgVILAGARCÍA > Pablo Bouzas González, o presunto autor do atropelo mortal desta fin de semana en Vilagarcía, xa pasou o seu primeiro día no cárcere de A Lama, ...

...onde xuíz decretou onte o seu ingreso en prisión. Agora a Policía Local de Vilagarcía está a traballar no informe pericial no que se establecerá cómo se desenvolveron os feitos.

Familiares e amigos colocaron estes días mostras de recordo a Manuel Abalo, o mozo de Vilagarcía que este domingo perdía a vida nun paso de peóns da Avenida da Marina, tras ser arrolado por un coche que se deu a fuga. O seu condutor cometeu nese intre dous delitos, o de homicidio imprudente e o de omisión do deber de socorro.

Os restos do rapaz, de 23 anos, xa foron soterrados onte en Carril, case ó mesmo tempo no que o xuíz decretou o ingreso en prisión de Pablo Bouzas González, o presunto autor dos feitos, xa confesos polo mesmo. Por eles poden caerlle unhas penas de entre un e catro anos de cadea, ampliables ata seis se existisen agravantes.

A Policía Local de Vilagarcía traballa agora na redacción do informe pericial no que se establecerá como se produciu o accidente. Segundo parece, Pablo Bouzas González, coñecido na localidade coma Castiñeiras, dirixiuse tralo atropelo acontecido na madrugada do domingo ata o garaxe situado no edificio onde reside en Vilagarcía, na avenida Agustín Romero. Alí mantivo ó Audi A-4 co presuntamente arrolou á vítima, ata a madrugada do luns, cando se dirixiu con el ata un taller situado no norte de Portugal para arranxalo.

Ademais, e segundo varias testemuñas, estivo na tarde do domingo xunto outros rapaces no parque da Xunqueira comentando o accidente. O detido, xa ten antecedentes policiais pola compra venta de drogas, e todo indica a que circulaba a unha velocidade superior ós cen quilómetros por hora cando cometeu o atropelo.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg