Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Conflicto entrea policía local e o Concello por mor das diferencias laborais
 
 
Conflicto entrea policía local e o Concello por mor das diferencias laborais Imprimir Correo electrónico
Mércores, 14 Maio 2008

dacosta100_140508.jpgSANXENXO > O concello de Sanxenxo cerrou o expediente informativo a tres axentes da policía local por non acudir ó seu posto de traballo ...

sen previo aviso o pasado mércores para prestar os seus servizos na celebración do Trofeo da copa deputación de ciclismo. A versión do executivo contrasta parcialmente coa dos representantes policiais que alegan a falla de antelación coa que o concello avisou ós axentes nos días que teñen que traballar nos seus días de descanso.

 Unha nova polémica debátese no concello de Sanxenxo. O motivo recae nas discrepancias que manteñen nestes días varios axentes da policía local co executivo. Unha situación provocada pola falla de días libres, de persoal contratado e de antelación nos avisos para traballar en días de descanso, segundo a policía local. Hoxe o edil de seguridade cidadá e persoal, Salvador Durán comunicou o archivo do expediente ós tres axentes implicados, que segundo declara a Telesalnés Barbanza, Carlos Dacosta, representante da policía Local, avisaron da súa incapacidade para acudir ó seu posto de traballo

Para o concello resulta sorprendente que os policías non acostumaran a presentar partes médicos cando faltaban un día no traballo, aínda que neste caso xa foron presentados. A polémica xa ven de atrás. Unha mala comunicación policía- executivo local provocou ó parecer esta situación.

Dacosta critica o sistema polo que foron escollidos os auxiliares policiais Os representantes policiais negan rotundamente que o conflito se produza por unha cuestión de salario ó estar en elaboración os orzamentos municipais como apunta o Concello, o cal convocou unha reunión con tódolos axentes o vindeiro xoves 22, para chegar a un acordo laboral.

Redacción Salnes

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg