Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Os veciños de Santa Cruz piden ó concello melloras na parroquia
 
 
Os veciños de Santa Cruz piden ó concello melloras na parroquia Imprimir Correo electrónico
Martes, 20 Decembro 2005

POBRA > A Asociación de Veciños Santa Cruz da Pobra do Caramiñal vén de denunciar o mal estado no que se atopan varios camiños situados na parroquia pobresa. Os afectados xa teñen reclamado melloras por parte do concello en reiteradas ocasións pero ata o momento non obtiveron resposta.

O mal estado do pavimento e os baches non son o único problema denunciado polos veciños de Santa Cruz. Os residentes denuncian a deixadez e abandono ós que está sometido o entorno con moreas de lixo e maleza nas beiras dos camiños.

Así mesmo, a zona carece de rede de saneamento polo que son frecuentes os vertidos ós regatos, converténdose en auténticas cloacas.

Neste sentido, os veciños xa teñen reclamado o acondicionamento da fonte dos Vilares que se atopa nun estado lamentable tralas riadas acontecidas hai dous anos. O concello adquiriu o compromiso de acomete-lo proxecto pero ata o momento non se levou a cabo ningunha actuación.

A asociación veciñal amósase indignada ante a falla de consideración do executivo local que fai caso omiso das súas peticións. Ata o momento, a entidade ten presentado unha ducia de propostas, das cales ningunha foi atendida.

Redacción Barbanza

 

 

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg