Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O pleno rexeita por unanimidade a alternativa sete da Variante Oeste
 
 
O pleno rexeita por unanimidade a alternativa sete da Variante Oeste Imprimir Correo electrónico
Luns, 19 Maio 2008

plenocaldas100_190508.jpgCALDAS > A alternativa sete elixida por Fomento para o proxecto de Variante Oeste atopouse co rexeitamento dos Concellos de Caldas e Portas ...

... No primeiro xa se pronunciou a corporación municipal en pleno, aprobando por unanimidade unha moción do PSOE en contra desa opción. En Portas, o alcalde ten pendente aínda de data un pleno sobre o asunto.

A corporación municipal de Caldas rexeitou no último pleno o trazado elixido da variante oeste. O Ministerio de Fomento defende a alternativa sete, que atravesará unicamente territorio caldense. A vía partirá dun enlace no punto quilométrico 230 da N-640, entre O Pousadoiro e Godos, e concluirá no 96,600 da N-550, en Bemil, xunto ó entronque coa Variante Este, actualmente en construcción. Un trazado que non conta co beneplácito de ningún dos grupos municipais de Caldas polo impacto que terá nas parroquias de Bemil e Saiar e porque non soluciona o problema de tráfico.

No pleno no que se aprobou por unanimidade a moción do PSOE, o PP incluso se amosou disposto a acompañar ó alcalde a Madrid ou mesmo a ensinarlle a zona á ministra. Os populares esperan que o equipo de goberno non bote balóns fóra, tendo en conta que na fase de alegacións apoiaron a alternativa 7 tanto Augas de Galicia como a Consellería de Medio Ambiente, ambas xestionadas polo PSOE.

En Portas, o alcalde popular Roberto Vázquez, tamén manifestou a súa oposición á alternativa sete. Considéraa inservible para desconxestionar de tráfico o casco urbano de Caldas e para atender as necesidades de Portas e anunciou que convocará un pleno extraordinario monográfico para tratar este asunto.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg