Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Xuven mantén intactas as súas opcións de ascenso
 
 
autonmicas09_top.jpg
O Xuven mantén intactas as súas opcións de ascenso Imprimir Correo electrónico
Luns, 19 Maio 2008

baloncesto250_190508.jpgCAMBADOS > Estivemos pendentes do que facía o Establecimientos Otero esta fin de semana en Ourense. Os cambadeses xogábanse o seu ascenso á Liga EBA e remataron segundos na liguiña, polo que non suben directamente pero poderán optar a unha repesca.

Bo papel do Xuventude de Cambados na liguiña de ascenso que se celebrou esta fin de semana en Ourense. Os de Diego Doval non puideron dar a sorpresa e caeron no partido clave o sábado ante o gran favorito, Cafegal Pabellón, que ademais exercía de anfitrión.

De tódolos xeitos non se deixaron sorprender nin por Obradoiro nin polo Arzúa e remataron segundos, co que aínda hai opcións de ascenso.

O Xuven comezou moi ben o venres, impoñéndose con suficiencia precisamente ó Arzúa por 60-71, nun partido moi agresivo no que foron sempre por riba do marcador, non deixando ó seu rival achegarse a menos de 5-6 puntos.

O sábado foi cando o soño de ser primeiros foise ó traste. O partido que se presupoñía decisivo, o foi, e caeron cos anfitrións por 10 puntos, 59-69. O encontro mantívose igualado ata o terceiro cuarto, cando os cambadeses desconectáronse do encontro e encaixaron un parcial de 0-14 que xa lle foi insalvable.

Na xornada de clausura, xogáronse o segundo posto ante o Obradoiro e non fallaron, vencendo por 82-71 e decindindo o encontro precisamente no terceiro cuarto no que fixeron un parcial de 24-10 que foi unha losa demasiado pesada de levantar para os composteláns.

Así as cousas, o Pabellón ascende directamente e o Establecimientos Otero, segundo, deberá agardar. Agora á directiva tócalle decidir si o equipo participa na respesca na que pelexarían por unha praza en EBA con conxuntos de asturias, cantabria e castela león.

Redacción Salnés

 


basketcup250_100310.jpgVILAGARCÍA > A Vilagarcía Basket Cup disputarase este ano con case total seguridade no pavillón de Fontecarmoa. Así o anunciaron onte os organizadores do evento que acusaron ó concello de sumir ó torneo nun caos.

extrugasa250_100310.jpgSALNÉS> Nova victoria das vilagarciáns, desta volta en León, fronte ó Aros, no encontro aprazado non seu día polo temporal Xyntia. As de Tito Díaz non tiveron o seu mellor día pero puideron impoñerse.

tenisdemesa250_100310.jpgCAMBADOS> O Establecimientos Otero caeu na casa esta semana polo que se complica a salvación a falta de dous partidos. Os cambadeses están obrigados a gañar un deles.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com