Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Gago defende o trazado interior para levar o tren ó Porto de Vilagarcía
 
 
Gago defende o trazado interior para levar o tren ó Porto de Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Luns, 19 Maio 2008

tren_porto_vilagarcia300_190508.jpgVILAGARCÍA > O presidente do Porto de Vilagarcía Javier Gago, defenderá o trazado interior para ampliar a vía do tren ós peiraos Comercial, Comboa e Ferrazo. A proposta irá a debate na reunión do Consello de Administración deste mércores.

Gago aconsellará optar pola alternativa interior do porto cara a zona industrial e comercial porque é a máis curta, tecnicamente máis sinxela, economicamente viable e socialmente máis asumible. Este trazado suporía un investimento de menos de oito millóns de euros, fronte ós máis de 140 millóns da outra alternativa, que levaría a vía do tren paralela á vía de enlace entre o porto e a autoestrada. Ademais, ó levala polo interior non son necesarias expropiacións de terreos, nin demolición de vivendas, nin afectación de empresas, nin tampouco creará efectos barreira que dividen lugares ou parroquias do concello.

Por outro lado, Gago tamén indica que este trazado permitirá achegar aínda máis a cidade ó mar, cedendo espazos para uso da cidadanía, creando máis zonas de aparcamento e reordenando o tráfico de acordo co Concello. O presidente da Autoridade Portuaria sinala que este debate chega nun momento crucial para o porto, posto que en menos dun mes empezará a funcionar a terminal de contedores.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg