Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow O BNG denuncia os riscos derivados do uso de herbicidas na limpeza das cunetas
 
 
O BNG denuncia os riscos derivados do uso de herbicidas na limpeza das cunetas Imprimir Correo electrónico
Martes, 20 Maio 2008

bngherbicidas_100_200508.jpgPOBRA > O BNG da Pobra vén de facerse eco das denuncias formuladas por varios veciños sobre o uso de herbicidas na limpeza das marxes das estradas.

O BNG pobrés denuncia, a instancias de numerosos veciños da localidade que lle trasladaron as súas queixas, o uso de herbicidas para a limpieza da vexetación existente nas marxes das estradas, tanto de titularidade autonómica, coma provincial e local existentes ó longo de todo o municipio.

Riscos medioambientais

Para os nacionalistas o abuso destas prácticas está xerando unha importante contaminación para as persoas, afectando a acuíferos e contribuíndo tamén á desaparición da flora e da fauna autóctona da zona.

Rosana Pérez considera que o executivo debería deixar de realizar estas prácticas, optando por outros métodos non tan perigosos para o medio ambiente, como se viña facendo ata o de agora a limpeza da vexetación, de xeito manual ou con maquinaria por parte da brigada de obras. Un método, segundo eles, máis custoso pero máis efectivo e con menor risco.

Esta non é a primeira vez que o BNG pobrés denuncia estes feitos. Anos atrás xa conseguiu arrancar un compromiso do executivo local en sesión plenaria para que non se realizaran este tipo de prácticas. Algo que, segundo eles, non se está a respectar.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg