Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Volve a Regata Rodríguez Toubes para Cruceiros
 
 
Volve a Regata Rodríguez Toubes para Cruceiros Imprimir Correo electrónico
Mércores, 21 Maio 2008

toubes250_210508.jpgVILAGARCÍA > Ó redor de corenta barcos participarán esta fin de semana en Vilagarcía na Regata Almirante Rodríguez Toubes, para cruceiros. Os participantes deberán cubrir dúas etapas entre Marín e Vilagarcía.

O Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval de Marín uníronse un ano máis para colaborar na organización da Regata Almirante Rodríguez Toubes, unha proba que cumplirá o seu duodécimo aniversario dende que foi creada en 1997 en honor ó comandante militar da Marina de Vilagarcía, Antonio Rodríguez Toubes. 

Preto de 40 cruceiros chegados dende os clubs máis importantes da rexión tomarán parte nesta regata que ademais é puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

Dos participantes destaca a participación de sete barcos da Escola Naval, entre os que haberá tres goletas. 

A proba promete ser moi competida. Os barcos tomarán a saída o sábado dende Marín rumbo a Vilagarcía onde a organización ten prevista a chegada dos primeiros participantes contras as16:30 ou 17:00. 

Xa o domingo 25, os barcos farán o percorrido á inversa, saíndo do Porto de Vilagarcía ás 11:30 para chegar pola tarde á Escola Naval de Marín.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement