| O PP leva ó parlamento á modificación do proxecto da PO 504 |
|
|
| Mércores, 21 Maio 2008 | |
|
...Sanxenxo-Vilalonga, e incluír no mesmo as propostas dos veciños e o Concello de Sanxenxo. Como era de agardar o bipartito formado por PSOE e BNG non aprobou dita proposición presentada polo portavoz de Infraestructuras do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso; unha actitude quen non sentou nada ben o PP que tildou de intransixente á Xunta de Galicia.Nela os populares pedían converter a PO-504 nunha travesía urbana mediante a construción de dúas glorietas e a mellora das interseccións en todo o trazado da estrada, ademais de executar beirarrúas nas dúas marxes do vial, habilitando estacionamentos de 2,5 metros de ancho. O debate desta tarde foi seguido desde o Parlamento pola alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, que estivo acompañada por un grupo de veciños afectados polo proxecto da Xunta para a PO-504. A rexedora sanxenxina amosouse decepcionada pola actitude partidista do goberno galego que rexeitou un plan de humanización como o municipal, que fora concienciado cóbado con cóbado cos veciños e no que se prioriza, -dixo-, a seguridade dos peóns por riba de todo, dando un caracter urbano a esta vía. Paralelamente, no exterior do edificio, segundo o PP, varias ducias de persoas, permaneceron concentradas para expresar o seu rexeitamento ao proxecto que Política Territorial pretende acometer nesa estrada. Esta noite a delegada de Política Territorial ofrece no Programa desta canle Pleno Aberto unha versión radicalmente distinta a arroxada polo PP a nivel autonómico e local de Sanxenxo. Redacción Salnés |



SANXENXO > O Partido Popular levou hoxe ó parlamento galego unha iniciativa para instar á Xunta a reconsiderar o proxecto da PO-504 ...
