Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Policía Local e Garda Civil colaborarán no control da movida nocturna
 
 
Policía Local e Garda Civil colaborarán no control da movida nocturna Imprimir Correo electrónico
Martes, 27 Maio 2008

xunta_seguridade_boiro100_270508.jpgBOIRO > O subdelegado do Goberno na Coruña, Manuel Pose Mesura, presidiu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade de Boiro ...

... Na reunión realizouse unha análise do incremento da violencia durante as noites da movida nocturna que se intentará atallar a través de protocolos de colaboración entre as distintas forzas de seguridade da localidade.

Na xuntanza, tamén estiveron presentes o rexedor de Boiro, Xosé Deira, o tenente de alcalde, Xoan Xesús Ares e o edil de seguridade, Xerardo Piñeiro, así como o tenente coronel da Garda Civil de A Coruña, José Furelos, o sarxento da Policía Local, o comandante do posto da Garda Civil de Boiro e outros membros dos corpos de seguridade da localidade.

Tanto o subdelegado do Goberno como o mandatario boirés coincidiron en cualificar como feitos puntais os últimos incidentes acontecidos no ultimo mes durante as noites da fin de semana. Ademais, o subdelegado do Goberno falou sobre a evolución dos delitos e a situación da seguridade cidadá no concello de Boiro no que vai de ano, un dos municipios, segundo afirmou, máis seguros de toda a provincia de A Coruña. Pose Mesura confirmou a tendencia positiva que se rexistra no concello sinalando que se reducirán o número de delitos e se incrementara a eficacia policía nun oito e medio por cento en relación as mesmas datas do pasado ano.

Co fin de controlar estes incidentes nocturnos establecéronse protocolos de colaboración entre a garda civil e a Policía Local de Boiro, que actuarán de xeito conxunto para atallar delitos relacionados coa venda de alcohol e o seu consumo por parte de menores e a tenencia de estupefacientes. A xuntanza da Xunta Local de Seguridade tamén serviu para facer balance do convenio de colaboración en materia de violencia de xénero que asinaron o Concello de Boiro, a Federación Galega de Municipios e o Ministerio do Interior.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg