| Feridos dous operarios tras envorcar o camión co que traballaban |
|
|
| Martes, 27 Maio 2008 | |
|
... cando estaban a traballar na plataforma dunha das pontes da futura autovía, cando un camión envorcou e feriu ós dous operarios. O accidente produciuse ás doce do medio da mañá nunha das pontes que cruzan a autovía do Salnés no termo municipal de Meaño. O camión co que os dous operarios estaban a descargar viguetas comezou a escorarse e rematou por caer xusto no borde do viaduto, duns corenta metros de alto. Non envorcou de todo grazas a varanda da ponte e a que unha das vigas quedou en forma vertical impedindo que o camión virase por completo. Segundo parece, unha mala suxestión do vehículo, o peso das vigas e a pendente que existe na ponte puideron ser os motivos que provocaron o sinistro, no que dous operarios resultaron feridos. Son un veciño do concello coruñés de Dumbría, de 48 anos, e un home de 36 anos e de nacionalidade portuguesa. Ámbolos dous foron ingresados no Hospital Domínguez de Pontevedra, no que aínda permanece o operario natural de Dumbría, que quedara atrapado entre as vigas que se viraron do camión. Está en estado menos grave cunha fractura no fémur esquerdo. O outro traballador, xa foi dado de alta, tras sufrir traumatismos débiles nunha perna. Esta tarde operarios da empresa adxudicataria da infraestrutura coa axuda dos Bombeiros do Salnés procederon ó levantamento do camión, nun accidente que puido ter consecuencias maiores ó caer o vehículo ó borde da ponte. Redacción Salnés |



MEAÑO > Novo caso de accidente laboral en Pontevedra, nesta ocasión nas obras do desdobramento da vía rápida do Salnés. Dous homes resultaron feridos ...
