Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Política Territorial modifica o proxecto da glorieta de Curro
 
 
Política Territorial modifica o proxecto da glorieta de Curro Imprimir Correo electrónico
Martes, 27 Maio 2008

po531_100.jpgPONTEVEDRA > A nova glorieta que se construirá na PO-531 ó seu paso por Curro, pasará de afectarlle a algo máis de 17.000 metros cadros de terreo, a tan só 2.000.

Isto será posible grazas á modificación do proxecto que lles presentou onte a delegada provincial de Política Territorial, Isabel Domínguez, ó colectivo de afectados.

A nova rotonda tampouco levará por diante a casa que nun comezo se ía a expropiar, e pasará de contar con catro carrís, a dous repartidos en dúas alturas, cos que se reduce o tamaño da infraestrutura e o seu impacto sobre a zona. A delegada da Consellería de Política Territorial, xunto co director do proxecto, tamén lle comunicaron os veciños que o trazado que discorra entre esta glorieta e Pontevedra, contará con beirarrúas.

O colectivo de afectados móstrase deste xeito satisfeito coa corrección, pero tamén cautos ata que vexan sobre os planos a nova actuación. Dentro dun mes e medio volveranse a reunir coa delegada en Pontevedra para analizar sobre o papel as modificacións.

Sobre o proxecto integral da ampliación da estrada, será no prazo aproximado dunha semana cando os veciños coñezan a totalidade das modificacións introducidas por Política Territorial. Onte a delegada da Consellería aseguroulles que se vai optar por un trazado máis urbano, sobre todo no tramo que une Curro con Pontevedra, onde se atopan a maioría dos negocios e núcleos urbanos.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg