Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Tensa votación para elexir a nova directiva de AETAN
 
 
Tensa votación para elexir a nova directiva de AETAN Imprimir Correo electrónico
Mércores, 28 Maio 2008

eleccionsaetan_280508.jpgA asociación de Empresarios Turísticos (AETAN) celebrou eleccións para escoller presidente, tras a renuncia de Román Castaño.

Durante o transcurso da asamblea xurdiron tensións entre os asistentes por mor do sistema de votación elexido que mesmo provocaron o abandono da sala de varios asociados. Ao final, resultou vencedora a candidatura de Manuel Domingo que superou en dez votos a de María Xosé Comojo.

Votos delegados

Os desencontros entre os asistentes comenzaron cando o secretario do colectivo anunciou a validez do sistema de votación delegado. Ante isto, unha das candidatas á presidencia, María Xosé Comojo mostrou o seu rexeitamento a decisión dado que non era o que figuraba na convocatoria, aseverando que non se estaban a respetar as regras do xogo ni a asamblea.

Impugnación da votación

Varios presentes na sala rebatiron os argumentos da candidata dicindo que o voto ponderado nos procesos electorais figuraban nos estatutos da entidade polo que non supoñía ningún quebrantamento da legalidade utilizar este sistema de votación.

Ante isto, varios asistentes á asamblea decidiron abandonar a sala, ao considerar que non estaba a xogar limpo no proceso e María Xosé Comojo mesmo ameazou con impugnar a votación.

Ao final optouse o voto presencial dos presentes que elexiron a candidatura de Manuel Domingo, ao conseguir vinteunha das papeletas, dez máis que María Xosé Comojo.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg