Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Feijóo levará ó Parlamento as peticións dos veciños sobre a circunvalación
 
 
Feijóo levará ó Parlamento as peticións dos veciños sobre a circunvalación Imprimir Correo electrónico
Xoves, 29 Maio 2008

feijoo_portas_100.jpgPORTAS > A circunvalación de Portas e a supresión da estación do tren foron os dous puntos que centraron esta mañá a reunión entre o presidente do PPdeG, ...

... Alberte Núñez Feijóo, co alcalde do concello, Roberto Vázquez. Con eles estiveron varios veciños que escoitaron o compromiso feito polo líder da oposición galega de levar ó Parlamento autonómico unha serie de iniciativas que apoien o trazado acordado no seu día entre os concellos de Portas e Caldas para a construción da variante. Unha circunvalación que permita desviar o tráfico rodado do núcleo urbano de Portas, e que fora deseñada pegada ó río Umia. O Ministerio de Fomento rexeitou este trazado e propuxo outro que non convence na localidade.

Sobre a supresión da parada e da estación do ferrocarril, ante a construción das vías do tren de alta velocidade, Núñez Feijóo vai manter outra xuntanza cos integrantes da plataforma que reivindican a permanencia do servizo, para estudar a posibilidade de seguir mantendo a liña de proximidades, de xeito paralelo ó AVE.

Ademais destas infraestruturas, en Portas hai agora tamén outras actuacións pendentes de rematarse, ou por comezar, coma a instalación de beirarrúas na estrada que leva ata Caldas, así coma de indicadores de sinalización nas parroquias da vila. Sobre esta última, o Presidente da Deputación asegurou van comezar a colocarse en menos dun mes.

Sobre infraestruturas, pero da información, tamén lle preguntaron esta mañá os veciños de Portas ós políticos. Pedían a instalación na vila, non só de estradas, senón tamén de sistemas coma o Wimax ou Wifi que lles permitan ter aceso á rede.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg