Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Touriño fala de cambio histórico nas actuacións de infraestruturas de Vilagarcía
 
 
Touriño fala de cambio histórico nas actuacións de infraestruturas de Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Martes, 03 Xuño 2008

tourioenvilagarcia_100.jpgVILAGARCÍA > O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, estivo esta mañá en Vilagarcía na que é a súa segunda visita institucional ó concello.

Foi con motivo das obras da variante norte de Vilagarcía, que a Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, asegurou estarán rematadas antes de que remate o 2008.

A infraestrutura, de 7,8 quilómetros de lonxitude, conforma xunto co vial de aceso ó Porto que está a executar o Ministerio de Fomento, a circunvalación da localidade, que ámbolos dous políticos subliñaron é xa a oitava cidade de Galicia. Unha cidade para a que a circunvalación vai supor un impulso ó seu crecemento económico, ó mellorarse a súa rede de comunicacións. E é que co nova variante desconxestionarase o tráfico na vila, ó evitar o paso dos vehículos pesados polo centro.

A visita desta mañá é a segunda que fai Emilio Pérez Touriño en dous anos a Vilagarcía, e tamén a segunda que fai un Presidente da Xunta en dúas décadas ó concello. Un xesto que a alcaldesa, Dolores García, indicou reflexa o compromiso do executivo autonómico pola localidade, que é para Touriño un referente do desenvolvemento social e económico de Galicia.

A variante norte incorporou melloras no proxecto construtivo coa inclusión de máis enlaces, e tamén para atender ás demandas do veciños de Castroagudín. Unhas modificacións que supuxeron un incremento de 500.000 euros no orzamento dunha infraestrutura que lle custa á Xunta algo máis de 28 millóns e medio de euros,e que calculan vai estar rematado este ano. A circunvalación de Vilagarcía vaise complementar co vial de aceso da AP-9 ó Porto de Vilagarcía que está a executar o Ministerio de Fomento, e que se prevé estará rematado para o verán do 2009.

Cambio histórico no Salnés

Tanto o Presidente da Xunta, coma a Conselleira de Política Territorial quixeron lembrar esta mañá en Vilagarcía a inversión que o executivo autonómico está a tamén na comarca en canto ás infraestruturas. A autovía do Salnés ou a futura autovía que unirá Pontevedra con Vilagarcía son algúns dos exemplos dados por Emilio Pérez Touriño para xustificar a existencia dunha etapa de cambio histórico e sen precedentes nas infraestruturas de mobilidade na Arousa. Unhas obras coas que a responsable de Política Territorial, María Xosé Caride, asegurou se están a cubrir varias eivas no trasporte da zona, a través dunha serie de infraestruturas potentes e preparadas para os incrementos de capacidade que poidan ter que afrontar no futuro estes viais.

Na síntese que a Conselleira de Política Territorial fixo das actuacións do seu departamento e do Estado na comarca, están a circunvalación de Vilagarcía, coa conexión do Porto coa AP-9, ou o enlace deste vial coa estrada de Vilagarcía-Cambados. A estas infraestruturas hai que engadir a autovía do Salnés, que se atopa na súa última fase de execución, e outros proxectos aínda pendentes coma a autovía Vilagarcía-Pontevedra, na que xa se comezou o proceso de contratación do trazado, ou a conexión entre as redes viarias de alta capacidade da Xunta cos da rede estatal, coma a AP-9 ou a nacional 550.

En cifras, estas actuacións tradúcense nun investimento de 235 millóns de euros no Salnés, polos que o Presidente da Xunta, xustificou a existencia dun cambio histórico sen precedentes nas infraestruturas de mobilidade da comarca. Pero ademais de investimentos en infraestruturas, Emilio Pérez Touriño tamén quixo lembrar outras actuacións de carácter social, sanitario e educativo coas que se exemplifica o cambio que está a levar a cabo o bipartito na comarca.

Parada en A Illa

Ademais de en Vilagarcía, o Presidente da Xunta tamén estivo mañá en A Illa. Foi tamén para coñecer o estado de execución dunhas obras dependentes da Consellería de Política Territorial, neste caso as do complexo sociocultural do concello. Con el estivo de novo a responsable deste departamento, María Xosé Caride, e o arquitecto do edificio, Manuel Gallego Jorreto.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg