Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Vilanova Centro prantexa medidas para paliar a crise
 
 
Vilanova Centro prantexa medidas para paliar a crise Imprimir Correo electrónico
Martes, 03 Xuño 2008

cardalda_100.jpgVILANOVA > A Asociación de Comerciantes de Vilanova Centro ven de reclamar medidas compensatorias por parte do goberno local vilanovés...

... para facer fronte á actual crise global; unha crise que ven provocada en gran medida pola subida do prezo dos combustibles, do subministro eléctrico ou das hipotecas. A asociación comercial que preside Ramón Cardalda decidiu presentar esta proposta a raíz da moción que se levou ó último pleno, no que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, instaba a outras administracións a adoptar medidas similares para paliar a crise.

Cardalda pide pois ó alcalde que tome exemplo e que exima de pagar certos impostos ós comerciantes, como o da recollida de lixo e mesmo o alugueiro dos postos da Praza de Abastos. Este presidente da patronal local asegurou tamén que hai comercios que xa cifraron as súas perdas só no que vai de ano en torno ós 8.000 euros semestrais; unha situación que vai que se resinta e moito a súa economía.

Os sectores máis afectados están sendo os do textil e do calzado, que tamén se ven influídos polas condicións meteorolóxicas: a un mes do comezo das rebaixas seguen sen poñer a venda ás prendas da tempada de verán. Estes comerciantes non teñen polo de agora ningunha data fixada para falar deste tema co goberno local pero si contan co compromiso verbal do edil de comercio, Javier Tourís dunha vindeira reunión na que abordar este asunto.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg