Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow Afectados da Tarifa Nocturna entregan 1.300 novas reclamacións
 
 
Afectados da Tarifa Nocturna entregan 1.300 novas reclamacións Imprimir Correo electrónico
Mércores, 04 Xuño 2008

PONTEVEDRA > A Plataforma Galega de Afectados pola Supresión da Tarifa Nocturna fixo entrega hoxe na Subdelegación do Goberno en Pontevedra de 1.300 novas reclamacións contra o Real Decreto que entrará en vigor en xuño. En total levan xuntadas xa 4.500 firmas.

Mañá a plataforma reunirase no Ministerio de Industria co director xeral de Políticas Enerxéticas para trasladarlle as reivindicación dos afectados. Trátase dunha reunión de vital importancia para conseguir a retirada definitiva da supresión da tarifa nocturna e para que o real decreto posto en marcha polo Goberno central non se execute.

Entre as reivindicacións que trasladarán ó director xeral de Política Enerxética atópase a suba do 35 por cento na factura da luz ou que os usuarios non asuman os gastos da nova instalación. A plataforma de afectados afirman que os usuarios están a recibir cartas ameazantes por parte das compañías como unha medida de presión para acelerar a execución das novas instalacións eléctricas. Recomendan precaución e pautas a seguir.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg