VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| Sentencia condenatoria ao xerente de Calizas Mariñas por un delito ecolóxico |
|
|
| Luns, 16 Xuño 2008 | |
|
...e a doce meses de inhabilitación profesional por un delito contra o medio ambiente. Os feitos remóntanse ao ano 2005, cando a empresa, que se adicaba a reciclaxe de cuncha de mexillón, foi denunciada por manter un depósito destes residuos nun monte do concello de Lousame.
Malia que a sentencia dicta pena de cárcere, ao carecer de antecedentes penais, J.J.T.C., antigo xerente de Calizas Mariñas, non terá que ingresar en prisión. Ademáis, o empresario vén de recurrir a decisión do tribunal ca interposición dun recurso de casación.
Incumprimento da normativa Na sentencia ponse de manifesto o incumplimento de varias leis por parte da empresa, ao manter con carácter permanente un depósito de cunchas de mexillón que tiña licenza temporal. Ademáis a empresa non cumpría determinados requisitos para garantir a correcta xestión destes residuos sólidos que acumulou durante meses nunha parcela situada no ascenso ao monte Iroite. Malia todo, o alcalde de Boiro, concello onde Calizas Mariñas tiña o seu emprazamento, considera que o xerente debería ter sido condenado como único responsable deste delito ecolóxico. Fortes cheiros Calizas Mariñas iniciou a súa actividade no polígono industrial de Espiñeira en Boiro no ano 2004. Aos poucos meses de comezar a funcionar demostrou a súa inviabilidade por mor dos fortes cheiros que producía, denunciados en varias ocasións polos veciños do municipio. Esta situación obrigou ao concello de Boiro a pechar a empresa en varias ocasións, co fin de que realizara melloras nas instalacións para erradicar os malos olores. Na actualidade, a empresa está a espera de poder reanudar a súa actividade con todas as garantías, dado que tal e como asegurou o rexedor boirés, a reciclaxe de cuncha de mexillón ofreceu unha solución a un grave problema medioambiental.
Redacción Barbanza |




BOIRO > O xerente da empresa boiresa Calizas Mariñas vén de ser condenado pola Audiencia de A Coruña a un ano de prisión... 












