Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Maceiras revalida o seu cargo na presidencia dos mariscadores de a pé
 
 
Maceiras revalida o seu cargo na presidencia dos mariscadores de a pé Imprimir Correo electrónico
Mércores, 18 Xuño 2008

mariscadorespobra_100_180608.jpgPOBRA > Enrique Maceiras seguirá á fronte da agrupación de mariscadores de a pé despois de que a maioría dos socios respaldara a súa candidatura.

Os comicios para a elección da nova directiva da agrupación de mariscadores a pé da Pobra estiveron marcados pola alta participación. 115 dos 130 socios acudiron a exercer o seu dereito ó voto nunha xornada na que a ausencia de incidentes e a normalidade constituíron a tónica dominante.

Enrique Maceiras revalidou o seu cargo na presidencia da entidade, cun total de 89 votos a favor.

Entre os proxectos que se plantexa a nova directiva a longo prazo destaca a alza do valor dos seus produtos potenciando a distinción da súa calidade e a loita contra unha das grandes lacras para o sector: o furtivismo.

Mentres tanto, os 150 mariscadores que integran o colectivo seguirán a traballar ata finais de ano nas súas concesións co fin de pechar a campaña con resultados semellantes ós do ano anterior.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg