VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| Os casos de Alzheimer duplicaránse cada ano na comarca do Salnés |
|
|
| Mércores, 18 Xuño 2008 | |
|
...co gallo da futura presentación oficial da asociación que se constituíu hai uns meses para axudar a estes enfermos en Vilagarcía de Arousa. Seijo adiantou datos tan alarmantes como que só na comarca do Salnés hai case 1.500 enfermos de Alzheimer e no 2040 haberá en Europa Occidental 10 millóns de afectados, un 100 por cen máis que no 2001. Na comarca do Salnés hai actualmente 1430 pacientes diagnosticados de Alzheimer e contémplase que aumente uns 2.400 novos casos por ano. Pero a curto-medio prazo a incidencia incremétarase A demencia tipo Alzheimer deriva no deterioro da memoria en moi pouco tempo e na maioría dos caso o paciente nin se da conta. Por iso a prevención é importantísima para detectar a enfermidade e realizar un diagnóstico precoz para combater o Alzheimer e lograr unha mellor calidade de vida para o enfermo A Asociación de enfermos de Alzheimer que xa está en marcha en Vilagarcía axudará na orientación e asesoramento do paciente pero sobre todo do coidador. Aínda que os datos son alarmantes a esperanza de vida destes pacientes é cada vez maior debido os tratamentos actuais. O neurólogo e coordinador da asociación Manuel Seijo, desvelou os novos métodos farmacolóxicos que están en marcha e dos cales se coñecerán os resultados en Xullo no congreso internacional do Alzheimer que se celebrará en Chicago que consiste nunha vacina que xa estivera en fase ensaio e que agora se perfeccionou . Naquel momento aínda que non funcionara dou resultados positivos. Podemos estar falando dun antes en un despois no proceso da enfermidade Redacción Salnés |




O SALNÉS > O hospital do Salnés acolleu hoxe unha charla informativa a cargo do neurólogo Manuel Seijo sobre a enfermidade do Alzheimer ...












