Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Os casos de Alzheimer duplicaránse cada ano na comarca do Salnés
 
 
Os casos de Alzheimer duplicaránse cada ano na comarca do Salnés Imprimir Correo electrónico
Mércores, 18 Xuño 2008

seijo100_180608.jpgO SALNÉS > O hospital do Salnés acolleu hoxe unha charla informativa a cargo do neurólogo Manuel Seijo sobre a enfermidade do Alzheimer ...

...co gallo da futura presentación oficial da asociación que se constituíu hai uns meses para axudar a estes enfermos en Vilagarcía de Arousa. Seijo adiantou datos tan alarmantes como que só na comarca do Salnés hai case 1.500 enfermos de Alzheimer e no 2040 haberá en Europa Occidental 10 millóns de afectados, un 100 por cen máis que no 2001.

Na comarca do Salnés hai actualmente 1430 pacientes diagnosticados de Alzheimer e contémplase que aumente uns 2.400 novos casos por ano. Pero a curto-medio prazo a incidencia incremétarase A demencia tipo Alzheimer deriva no deterioro da memoria en moi pouco tempo e na maioría dos caso o paciente nin se da conta. Por iso a prevención é importantísima para detectar a enfermidade e realizar un diagnóstico precoz para combater o Alzheimer e lograr unha mellor calidade de vida para o enfermo A Asociación de enfermos de Alzheimer que xa está en marcha en Vilagarcía axudará na orientación e asesoramento do paciente pero sobre todo do coidador.

Aínda que os datos son alarmantes a esperanza de vida destes pacientes é cada vez maior debido os tratamentos actuais. O neurólogo e coordinador da asociación Manuel Seijo, desvelou os novos métodos farmacolóxicos que están en marcha e dos cales se coñecerán os resultados en Xullo no congreso internacional do Alzheimer que se celebrará en Chicago que consiste nunha vacina que xa estivera en fase ensaio e que agora se perfeccionou . Naquel momento aínda que non funcionara dou resultados positivos. Podemos estar falando dun antes en un despois no proceso da enfermidade

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg