| Diversos expertos explicarán os beneficios do viño para a saúde |
|
|
| Mércores, 18 Xuño 2008 | |
|
CAMBADOS > Carpe Vinum. É o lema do novo curso de verán que se desenvolverá en Cambados do 1 ó 3 de xullo. A UNED e o Museo do Viño convídannos así a aproveitar o viño en beneficio da nosa saúde. O programa deste sétimo curso sobre o viño recolle ata sete conferencias sobre a saúde, tratamentos de vinoterapia, nutrición ou medicina. Un dos expertos que se achegará a Cambados en xullo será o doutor José Cabrera, especialista en psiquiatría e medicina legal e ex director da Axencia Antidroga. Será el quen aborde a relación do viño coa droga. E é que o asunto deste curso coincide co debate aberto sobre a polémica lei de drogas na que se recolle tamén ó viño. Os representantes do Concello de Cambados non deixaron escapar a ocasión para lamentar a ausencia de apoios por parte da Xunta, tanto económicos como de participación nalgún relatorio. Para a edil de Cultura a temática deste ano é importante para deixar claro que o viño non é nocivo para a saúde. Os interesados no curso do Viño teñen aberto o prazo de inscrición ata o 29 desde mes. En total haberá 50 prazas. Redacción Salnés |





