Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow TAMBRE arrow A Xunta asume os custos de redacción do PXOM de Noia
 
 
A Xunta asume os custos de redacción do PXOM de Noia Imprimir Correo electrónico
Xoves, 19 Xuño 2008

pxomnoia_180608.jpgNOIA > A CPTOPT vén de conceder a Noia unha achega para o financiamento da redacción do PXOM por importe de máis de 218 mil euros.

Grazas a esta subvención o concello noiés poderá sufragar o noventa por cento do custo da redacción do documento urbanístico. A achega concedida ao concello de Noia será aboada en varias anualidades, cada unha delas de 43 mil 700 euros.

Deste xeito, segundo a previsión establecida espérase que no mes de setembro deste ano xa se poida procedera a sinatura do contrato de redacción do documento urbanístico.

Necesidade urxente

O edil de urbanismo noiés confía en completar a renovación do PXOM durante o transcurso desta lexislatura, dado que se trata dunha necesidade urxente para o concello, sobretodo tras a posta en marcha da autovía de Brión e unha vez xa se coñece cal será o trazado definitivo da variente de Noia.

Criterios urbanísticos realistas

Xosé B. Castro Insistiu, asemade, que o novo documento se lle aplicará criterios urbanísticos sostibles e realistas, acorde cas necesidades dunha vila como Noia, pero, matizou o edil, sen basearse únicamente en modelos de edificación. 

Por este motivo ve necesario a constitución dunha comisión de seguimento do PXOM na que estén representados os tres grupos políticos que conforma a corporación local.

Colaboración cidadá 

Tamén realizou un chamamento a poboación noiesa pedindo a súa colaboración na elaboración do planeamento, dado que a súa participación é decisiva para que o documento que se acade sexa froito do consenso de todos.

 

 

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg