Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
O Salnés prepara un organismo para substituír ás Fundacións Comarcais Imprimir Correo electrónico
Xoves, 19 Xuño 2008

jorgedominguez_porfundacincomarcal_100.jpgCAMBADOS > A desaparición das actuais Fundacións Comarcais van deixar, segundo o presidente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez, ...

... un baleiros administrativos na comarcas para a xestión dos proxectos europeos. Por isto, están a traballar na creación dun novo organismo para o Salnés, O Grupo de Desenvolvemento Rural. O tamén coñecido coma GDR, vai pasar a asumir as funcións que ata o de agora levaban acabo as Fundacións Comarcais, ás que xa lle quedan poucas semanas de vida.

O presidente da Mancomunidade do Salnés, e tamén secretario do Padroado da Fundación do Salnés, Jorge Domínguez, lidera a constitución deste novo organismo cuxa principal función será a de seguir tramitando os proxectos mancomunados con fondos europeos no Salnés, de xeito similar a como o levaban facendo as Fundacións.

O anuncio de onte do Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, da intención da Xunta de desvincularse totalmente das fundacións comarcais, por consideralas ineficaces e inoperativas, non colleu por sorpresa ós responsables locais, que non comparten porén este criterio sobre a función destes organismos, que serviron para desenvolver proxectos de axuda europea coma o Proder.

 O GDR poderá comezar a ser unha realidade a partires do mes de xullo, cando Jorge Domínguez ten previsto convocar a asemblea constituínte do organismo. Para poder levar a cabo os seus traballos vanlle pedir a Medio Rural a cesión dunha das oficinas do actual Centro Comarcal do Salnés, en Cambados.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg