SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| Sae a luz o libro Poesía para a vida feito por escolares |
|
|
| Xoves, 19 Xuño 2008 | |
|
... de debuxos e poemas creados polos escolares deste Concello. Esta obra foi o froito do intenso traballos dos alumnos quinto e sexto de primaria dos colexios locais Valle Inclán, Conmeniño, As Bizocas e o Rosalía de Castro desde o ano 2006. A proposta partiu da Asociación de loita contra a drogadicción Érguete, cuxa coordinadora, Maricarmen Cacabelos gabou o intenso traballo de alumnos e profesores que participaron activamente neste proxecto. O obxectivo deste traballo foi manter vivos nos rapaces os principios de vida de traballo, solidariedade e bos propósitos; ó tempo que se fomenta a colaboración entre os centros educativos e outras asociacións. O prelo da Asociación Sotelo Blanco sacou unha tirada de balde de 500 exemplares: algúns dos cales serán repartidos entre os catro concellos participantes e os demais repartiranse ós nenos que participen nas actividades que terán lugar o día 26 de xuño, na Praza do Corgo, no Grove, co gallo do Día Mundial contra o uso indebido das drogas. Redacción Salnés |





GROVE > Esta mañá presentouse no colexio Rosalía de Castro do Grove o libro Poesía para a Vida; unha recompilación...












