Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Case 40 millóns menos para un orzamento que iguala ó de Pontevedra Imprimir Correo electrónico
Venres, 20 Xuño 2008

orzamentos_sanxenxo_100.jpgSANXENXO > 80 millóns de euros, é a cifra final da que disporá o Concello de Sanxenxo para este ano. Os orzamentos para o 2008 chegan cun pouco de atraso pola espera ...

... de concretar partidas como a do enlace entre o Polígono Industrial de Nantes coa Autovía do Salnés, e tamén mermados con respecto ós do pasado ano, cando a cifra fora de case 120 millóns de euros. O motivo, a crise que se está afectando ó sector inmobiliario local, unha das principais vías de financiamento da localidade. Aínda así, iguálanse ós do Concello de Pontevedra.

A diminución da contía dos orzamentos non vai mermar a inversión en políticas sociais, que incrementan pola contra a súa partida con case 6 millóns de euros. As que si van sufrir un receso, son as inversións en novas infraestructuras, que se frearán neste ano. Si se van continuar porén os proxectos con partidas plurianuais que xa están en vigor, coma os campos de fútbol de Vilagonga, Sanxenxo, e Noalla, ou as garderías infantís de Vilalonga e Portornovo. Ademais, o concello tamén cofinanciará a construcción do enlace entre o polígono industrial de Nantes coa autovía do Salnés. Precisamente esta inversión foi unha das causas que motivou o atraso na elaboración dos orzamentos, que tiveron que esperar á aprobación do acordo entre Concello e Xunta.

O resultado son os presupostos que segundo o Concello van reflexar a súa aposta por un desenvolvemento sostible do urbanismo, polo que non se van malvender terreos públicos, e que non se van traducir nun aumento da carga fiscal para os veciños. En canto ó nivel de endebedamento, ten a mesma porcentaxe co do pasado exercicio, e non se asumen novos créditos nin outros sistemas de financiamento externos para sufragalos gastos.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg