Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Volve a O Grove o II Campus Internacional de Balonmán Juan de Dios
 
 
autonmicas09_top.jpg
Volve a O Grove o II Campus Internacional de Balonmán Juan de Dios Imprimir Correo electrónico
Venres, 20 Xuño 2008

campus_balonman250.jpgO GROVE > O Campus Internacional de Balonmán Juan de Dios repite este ano cita en O Grove baixo a iniciativa de novo do Clube Rasoeiro. Na súa segunda edición ...

... volve coas mesmas gañas de consolidarse coma un referente da formación infantil e de cadetes do balonmán, tanto feminino coma masculino, no ámbito nacional. Un meta que se ve facilitada ante ausencia dun escola profesional de balonmán en España para a formación dos futuros valores deste deporte.

Rapaces de Alacante, Asturias, Palencia ou Portugal, ademais de galegos, participarán no Campus, que volve a contar con Alejandro López coma director técnico, baixo a tutela do Director Técnico da Federación Galega, Antonio Plaza. O corpo técnico dos adestradores que traballarán cos rapaces estará composto por seleccionadores galegos e profesionais deste deporte.

Polo de agora xa hai 63 prazas confirmadas das 70 dispoñibles. Son dúas máis que o ano pasado, e aínda esperan que cubrir as restantes. Un éxito que conseguen a pesares de que nos mesmos días nos que se desenvolverá o campus, entre o 28 de xuño e o 5 de xullo, coinciden cos do encontro da Selección Española Infantil e Cadete de Balonmán en Soria.

Redacción Salnés

 


terceira250_120310.jpgSALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com