SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| O BNG pide a conexión da comarca Muros-Noia coa autovía do Barbanza |
|
|
| Luns, 23 Xuño 2008 | |
|
TAMBRE > O BNG preguntou no Parlamento sobre a mellora das infraestruturas de comunicación na comarca de Muros-Noia. A deputada parlamentaria do BNG, Ana Pontón, informou en Noia do contido da pregunta que acaba de presentar o seu grupo para a súa resposta oral en comisión encamiñada a mellorar as vías de comunicación na comarca Muros-Noia. Retraso histórico Segundo os nacionalistas esta rexión padece un retraso histórico con respecto ás infraestruturas viarias, a pesar de tratarse dunha bisbarra altamente poboada e cunha importante actividade económica. Conexión co sur Ante esta necesidade de artellar o territorio de modo que se contribúa á dinamización económica da comarca, o BNG solicita que se realicen os estudos para comunicala coa futura autovía do Barbanza e, deste xeito, coa autopista do Atlántico. Os nacionalistas consideran que é o momento oportuno para estudar a viabilidade desta conexión posto que aínda se está a elaborar o Plan Galego de Infraestruturas. Esta actuación viariase sumar ó proxecto da variante interior respaldado polos nacionalistas. Dende o BNG confían en que a Consellería de Política Territorial sexa sensible ás súas demandas e o goberno inclúa a súa proposta no Plan Galego de Infraestruturas. Redacción Barbanza |


















