Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O BNG defende o proxecto do parque industrial de Tremoedo

VILAGARCÍA > A voceira do BNG de Vilanova, Carmela Alfonso, e o voceiro nacionalista a nivel comarcal, Duarte Correa, falaron hoxe en rolda de prensa sobre a situación actual do proxecto do polígono industrial de Tremoedo.

 Para os nacionalistas o proxecto inicial rexistrou numerosas melloras grazas as aportacións dos veciños, como a reducción da súa extensión a 960.000 metros cadrados, a exención das terras de cultivo ou a innovación nos sistemas de captación de auga.

foto_bng_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Ferida grave unha veciña de Cespón nunha explosión de gas Imprimir Correo electrónico
Luns, 23 Xuño 2008

BOIRO > Unha vivenda emprazada no lugar de Reboredo na parroquia boiresa de Cespón resultaba afectada por unha explosión de gas. No momento da deflagración tan só unha muller se atopaba no interior do inmoble. As graves feridas que presentaba en cara, brazos e pernas obrigaron o seu traslado en helicóptero ao hospital Juan Canalejo de A Coruña.

Foron os propios veciños os que chamaron ao 112, alertados pola explosión. De inmediato presentouse no lugar unha dotación dos Bombeiros, a garda civil, policia local e Grumir de Boiro.

Médicos do centro de saúde de Boiro e unha ambulancia do 061 estabilizaron a vítima, de 45 anos e propietaria da vivenda, que ante a gravidade das queimaduras que presentaba en cara, mans e pernas decidiron o seu traslado en helicóptero a unidade de queimados do hospital Juan Canalejo de A Coruña, onde permanace ingresada con pronóstico grave.

Escape de gas

Ao parecer, segundo informaron os bombeiros de Boiro, a explosión, producida con toda probabilidade por un escape de gas dunha bombona de butano, tivo lugar na cociña da vivenda, que resultou danada por mor da forte onda expansiva, que tamén ocasionou rotura de cristais e descuadre de portas interiores.

Segundo explicou a sogra da ferida, no momento da explosión a muller estaba a preparar a comida do mediodía nunha lareira. Despois de producirse a deflagación foron os propios veciños os que retiraron a bombona do interior da cociña e a depositaron nunha finca lindeira. Tras a recollida de datos, a garda civil xudicial tratará de esclarecer as causas que provocaron a esplosión.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg