Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Meaño denuncia acoso por parte da Consellería de Política Territorial Imprimir Correo electrónico
Luns, 23 Xuño 2008

pasos_cebra_dena100_230608.jpgMEAÑO > O Concello séntese acosado por Política Territorial. Estes días recibiron un expediente sancionador por pintar ...

... uns pasos de cebra en Dena.

O Concello de Meaño acaba de recibir un expediente sancionador por pintar uns pasos de peóns en Dena sen a previa autorización do Servizo Provincial de Estradas. Sen embargo o goberno local afirma que eses traballos os acometeu a propia consellería de Política Territorial. Segundo o expediente, o Concello pintou en maio os pasos de cebra na estrada PO-550 entre Cambados – A Lanzada, á altura de Dena, sen autorización.

O Concello respondeulle á Xunta que desde hai anos se fixo cargo deses traballos pero que nesta ocasión os pasos foron pintados con cargo á consellería. O goberno local indica que en decembro do pasado ano Política Territorial aglomerou esta estrada e que en xaneiro a pintou, incluídos os pasos de cebra.

O alcalde considera que hai persecución contra o seu Concello e está pensando incluso en dirixirse ó Presidente da Xunta e ó Valedor do Pobo para que medie e para comunicarlles a deixadez de obrigas que ten Política Territorial en moitas obras de Meaño.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg