| Meaño denuncia acoso por parte da Consellería de Política Territorial |
|
|
| Luns, 23 Xuño 2008 | |
|
... uns pasos de cebra en Dena. O Concello de Meaño acaba de recibir un expediente sancionador por pintar uns pasos de peóns en Dena sen a previa autorización do Servizo Provincial de Estradas. Sen embargo o goberno local afirma que eses traballos os acometeu a propia consellería de Política Territorial. Segundo o expediente, o Concello pintou en maio os pasos de cebra na estrada PO-550 entre Cambados – A Lanzada, á altura de Dena, sen autorización. O Concello respondeulle á Xunta que desde hai anos se fixo cargo deses traballos pero que nesta ocasión os pasos foron pintados con cargo á consellería. O goberno local indica que en decembro do pasado ano Política Territorial aglomerou esta estrada e que en xaneiro a pintou, incluídos os pasos de cebra. O alcalde considera que hai persecución contra o seu Concello e está pensando incluso en dirixirse ó Presidente da Xunta e ó Valedor do Pobo para que medie e para comunicarlles a deixadez de obrigas que ten Política Territorial en moitas obras de Meaño. Redacción Salnés |




MEAÑO > O Concello séntese acosado por Política Territorial. Estes días recibiron un expediente sancionador por pintar ...
