Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Vai de Camiño actuará en xullo en Fefiñáns
 
 
Vai de Camiño actuará en xullo en Fefiñáns Imprimir Correo electrónico
Martes, 24 Xuño 2008

vaidecamio_100.jpgCAMBADOS > O festival Vai de Camiño que o pasado ano xa percorreu varias das vilas galegas polas que pasan os oito camiños recoñecidos a Compostela, chega ...

... este verán a Cambados. Desta volta faino a través das actuacións da banda viguesa Creole Kings, e dos monologuistas Cándido Pazó, Quico Cadaval ou Pepo Suevos. Ademais tamén haberá unha posta en escena do Proxecto Zocas, onde o baile vangardista se desenvolve a través dunha mestura de danza contemporánea e tradición galega, e é que todo o corpo de baile irá ataviado con este típico calzado.

O espectáculo Vai de Camiño celebrarase o vindeiro día 17 de xullo, na Praza de Fefiñáns. A entrada será de balde e está orientada a tódolos públicos, pero subliñan non é de carácter infantil, polo que lle advirten ós país que non traían ós máis pequenos, non vaia a ser que se aburran. Polo demais, o formato do espectáculo, onde se combinan distintos estilos e soportes escénicos, de seguro lles gustará ó público cambadés, como abalan as boas acollidas que tiveron noutras vilas en edicións anteriores, nunha serie de actuacións incluídas dentro do programa de actividades do Xacobeo.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg