| Deputados e senadores do PP atenden ós veciños os luns e venres |
|
|
| Martes, 24 Xuño 2008 | |
|
... na sede local da cidade, na rúa Oliva. O PP acaba de abrir unha oficina parlamentaria na sede local de Pontevedra. Pretende ser un lugar no que os cidadáns poidan expresar as súas queixas e suxestións a senadores e parlamentarios desta provincia, que os atenderán os luns pola tarde ou os venres pola mañá. Os populares aproveitaron a apertura desta oficina para facerlle unha homenaxe ó seu presidente nacional Mariano Rajoy, por ser en Pontevedra onde iniciou a súa carreira política. Tamén fixeron valoración do congreso desta fin de semana, no que saíu reelixido Rajoy, ó tempo que incorporaba ó seu equipo a máis galegos. Na apertura da oficina estiveron ademais de Núñez Feijoo, Rafael Louzán, Pilar Rojo, Dolores Pan, e Telmo Martín, entre outros. Redacción Salnés |




PONTEVEDRA > Deputados e senadores do PP despacharán cos cidadáns tódolos luns e venres. O partido acaba de abrir unha oficina parlamentaria ...
