SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| As peixeiras, dispostas a manifestarse ante o 'pasotismo' de Pesca |
|
|
| Martes, 24 Xuño 2008 | |
|
... A organización leva tempo pedindo á administración que non permita a venda a particulares nas lonxas. As peixeiras autónomas están dispostas a mobilizarse. UPTA Galicia, organización que representa a 20 asociacións de prazas de abastos, cun total de 2.500 traballadores, leva solicitadas xa varias xuntanzas para tratar o decreto que permite a venda directa a particulares nas lonxas. Este colectivo afirma que isto provoca un grave agravio comparativo destes clientes respecto das peixeiras, posto que se salta este eslavón. Por iso UPTA pide que se modifique o decreto. Di que coa venda directa a particulares se coloca ás peixeiras no último e máis indefenso eslavón da cadea, con perigo de destruír postos de traballo. Ademais disto, a organización aposta pola creación dun rexistro de comercializadores de productos do mar similar ó de vendedores ambulantes. Como non teñen resposta da Consellería de Pesca, UPTA entende que non se fai nada contra esta ilegalidade e ven como única saída a iniciar mobilizacións. Redacción Salnés |





SALNÉS > UPTA Galicia denuncia o 'pasotismo' da Consellería de Pesca ante a situación das autónomas comercializadoras de productos frescos do mar...












